O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Data e hora

Localización
AUDITORIO CONSTANTE LISTE
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Co gallo do 8 de marzo, dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Teo, imos organizar unha serie de actividades conmemorativas e empezaremos o propio sábado 8 de marzo coa lectura do manifesto ás 19:30 h para, logo, darlle paso á presentación da peza de creación colectiva feita polas mulleres que participaron no obradoiro de Historias de tea, onde ademais se traballou na visibilización do papel da muller na arte. Ás 20:00 h teremos o grupo de teatro Martabeladas coa obra Segredos de familia e licor café.

O 15 de marzo teremos o obradoiro Inventoras con mentes curiosas onde, a través do xogo, as familias poderán descubrir a moitas mulleres científicas que co seu traballo e descubrimentos, fixeron a nosa vida moito mellor.

O 20 de marzo teremos o obradoiro Xogando cos feminismos,  dirixido a mulleres onde, a través do xogo e de diferentes dinámicas, aprenderemos sobre o feminismo, sobre nós mesmas e a nosa historia. 

O 22 de marzo haberá a ruta circular Sentir Teo no camiño, a saída será dende a Casa Común de Francos ás 10:30 h.

O 6 de abril teremos a excursión das mulleres.

A inscrición das actividades será en teo.gal e todas as actividades son de balde, animádevos!

8 marzo

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego