O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

"Arteterapia no Nadal: vén a crear a túa árbore ou coroa dos desexos..."

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza, Ribas, Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
5
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Acollida e presentación da actividade: que é a Arteterapia? Falando do significado da celebración do Nadal en relación ao que imos facer. A continuación crearemos "a árbore dos desexos ou dos soños", poñendo toda a nosa intención da maxia desta época e relacionando as emocións, o benestar... Que logo poderemos levar para as nosas casas como lembranza deste día. Quen o prefira pode crear unha coroa, no lugar da árbore.
E se fósemos esa árbore? Que non falte a música! Co son, probaremos a sentirnos esa árbore que creamos... 
Para rematar, traballaremos o sentimento de pertenza a unha comunidade, ao grupo que formamos ese día... creando unha obra conxunta! Un mandala no chan no que proxectaremos os nosos desexos como grupo. Achegando cada membro algo único e persoal, valioso para esa comunidade que formamos. 

Facilitadora certificada en Arteterapia: Paula Piñeiro Calvelo (PICAPAU) da mán de Latexos de Turismo.

COROA 2ÁRBORE 2coroa 1

árbore 1
Observacións
A ter en conta:
Se o tempo o permite poderase ir a fóra a recoller elementos da natureza para utilizar.
Poden inscribirse persoas adultas e menores acompañados por unha persoa adulta.
A proposta de creación de árbore ou coroa son as que se ven nas imaxes.
Inscribirse
Arteterapia no Nadal

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego