O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Circuíto Galego de Teatro amador FegaTeatro presenta a obra " En venda" de Os Trasnos Teatro.
Os Trasnos Teatro é un grupo de teatro afeccionado que se distingue por representar diferentes estilos, dende teatro clásico, a teatro vangardista , pasando tamén por teatro infantil. Aínda que a súa carta de identidade sempre foi facer un teatro reivindicativo e innovador.
A súa proposta actual é “En Venda”, unha traxicomedia na que se aproximan á realidade social que vivimos, onde as protagonistas perseguen os seus obxectivos ao tempo que fan unha denuncia social en clave de humor.
Data: Venres 25 de outubro.
Hora: 21:00 horas.
Lugar: Auditorio Constante Liste.
Non é necesaria a reserva de praza. O acceso é libre ata completar aforo.