O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro de ilustración con Óscar Villán

Para celebrar os 10 anos da inauguración da BPM do Grilo-Cacheiras, realizaremos unha charla sobre o proceso de ilustración dun libro que toma como referencia o traballo de Óscar Villán inicialmente, pero tamén o de moitos outros debuxantes, pintores e artistas con estilos e puntos de vista diverxentes... coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do debuxo, do libro ilustrado e da arte. Tamén haberá recomendación de libros.

Esta actividade intégrase en Ler Conta Moito, programa de animación á lectura da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Pensada para nenos e nenas de 8 a 12 anos, será ás 18:00 h na BPM do Grilo-Cacheiras e require inscrición previa. Para inscribirse contactar no teléfono 981806400 ou no correo mediateca@teo.gal

Obradoiro Oscar Villan na BPM do Grilo
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia