O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teatro infantil con Babobab no Auditorio Constante Liste

O sábado 13 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio Constante Liste na Ramallosa, espectáculo infantil a cargo de Baobab Teatro coa obra Pum Pum. É un espectáculo tenro para nenos/as a partir de 5 anos  que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades, pero tamén fala dunha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

Pumpum de Baobab Teatro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia