Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Este mércores, 1 de abril, non haberá servizo de bono social eléctrico
Non vos perdades esta proposta artística que fusiona monicreques, xogos, música e tradición, o día 27 en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Con todos estes elementos entrelazados paporrubio crea un espectáculo diferente dirixido as familias e os máis pequenos da casa nun espazo máxico cheo de cor.
Un espectáculo dirixido e animado en todo momento por dous divertidos e atolados titiriteiros que fan bailar, cantar, xogar e soñar a tódolos que pola eira pasen.
As propostas de títeres e xogos deste espectáculo son exclusivos, orixinais e creados artesanalmente pola propia compañía.
A eira do Paporrubio consiste nunha xornada de programación artística composta por un espectáculo de monicreques e unha sesión de xogos tradicionais.
Actividade de acceso libre. Non é preciso reservar entrada.