Abre a inscrición nos programas de conciliación Teo Coida 1 e Teo Coida 2
Participantes: alumnado do CEIP dos Tilos, que non obtivo praza de comedor.Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.
Lugar: no colexio dos Tilos.
Horario: de 14:00 a 15:15 horas (15:30 para casos xustificados) todos os días do período lectivo.
Inscrición: a partir do 21 de agosto
Participantes: alumnado dos CEIP públicos de Teo, con prioridade para as familias empadroadas en Teo.
Lugar: nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.
Horario: desde o remate do horario do comedor ata as 18:00 horas, todos os días do período lectivo.
Inscrición: a partir do 21 de agosto
Tipos de usuarios/as:
- Fixo: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Estes usuarios/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo: 1 día por semana; 2 días por semana; 3 días por semana; 4 días por semana ou 5 días por semana. En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados.
- Ocasional: aquel/a usuario/a que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.
Documentación obrigatoria:
- Folla de inscrición.
- Foto tamaño carné da crianza.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
- Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).
- Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
Obrigatoria para acceder ás bonificacións:
- Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
- Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
- Xustificación do acollemento (de ser o caso).
- Declaracións da renda do exercicio 2022 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
Opcional:
- Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.
Podes consultar toda a información sobre o programa, os custes do servizo, as bonificacións e as normas de xestión e ingreso na información do mesmo.
Descarga aquí a ficha de inscrición do Teo Coida 1
Descarga aquí a ficha de inscrición do Teo Coida 2
Descarga aquí a solicitude de domiciliación
MÁIS INFORMACIÓN
- Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00).
- BOP núm. 213 do 14 de decembro de 2020 e BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021.