PROGRAMA QUERERSE BEN: DEFENSA PERSOAL

quererse ben

Os próximos días 6 e 20 de xuño temos unha cita moi esperada! Cos obradoiros de defensa persoal poñemos fin ao programa de "Quererse ben". 

 

A través destes dous obradoiros, traballaremos o empoderamento persoal, promovendo o autocoidado mediante diferentes ferramentas. Non só se tratará dunha defensa física, senón que profundizaremos na nosa expresión corporal, e o noso autoconcepto. 

 

Nós xa estamos desexando que chegue, e ti? 

 

Anímate a participar! 

Vémonos o próximo 6 de xuño na Casa Común de Rarís

Data e hora
Localización
CASA COMÚN DE RARIS
Prazas dispoñibles
14
Prazas por persoa
4