O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

andainas Elas: Límites

Data e hora

Localización
Saímos de Pontevea
Como chegar

Prazas dispoñibles
18
Inscribirse

Prazas por persoa
4

A próxima andaina que temos preparada para desfrutar con todas vós será pola zona de Pontevea, a carón do río Ulla. Mentres percorremos este paraxe tan fermoso, falaremos sobre os límites. 

A miúdo ao longo da nosa vida xorden situacións e vivencias que limitan a nosa liberdade de ser e sentir. En moitas ocasións é o noso entorno ou somos nós mesmas as que poñen eses límites. Existen tamén, momentos vitais nos cales somos incapaces de marcar nos eses límites que ás veces son tan necesarios. Por isto mesmo os límites serán o tema a tratar, abordando a complexidade e a necesidade que supoñen nas nosas vidas. 

 

Non o dubides, o próximo sábado 27 de 10:00h a 12:00h da mañá, anímate a camiñar con nós!

Inscribirse
andaina

Outros eventos por vir