O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
Chega unha nova sesión á Escola Ecoloxista. Pouquiño a pouco, remata o curso deste ano, e a rapazada quere rematalo por todo o alto! É por iso, que nesta sesión as crianzas ultimarán os detalles dunha actividade deseñada e autoxestionada por elas, mediante a cal lle trasladarán ás súas persoas máis próximas, dun xeito lúdico e nun ambiente entretido, os contidos traballados durante todos estes meses. Hai que ver a cantidade de sementes que cultiva esta rapazada tan concienciada en prol dun futuro máis coidadoso e sostible!
Esta actividade farase o sábado 27 de maio dende as 17:00h e ata as 18:30h. O lugar de encontró será a Casa Común Marisa Mirás.
Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.