O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DE VIARIO MUNICIPAL EN CASAL E RECESENDE. CONCELLO DE TEO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

A mesa de contratación na súa reunión do 16 de xaneiro de 2018, acordou reunirse o día 19 de xaneiro de 2018, ás 11:00 horas na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres C "Oferta económica" en acto de carácter público.

Publicado no Perfil de Contratante o día 16 de xaneiro de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo coa Resolución da Alcaldía de data 10 de novembro de 2017, pola que se aproba o expediente de contratación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.

-Mónica I. Lado Varela, interventora do concello.

-Ignacio soto González, arquitecto municipal.

-Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

-María Vázquez Rey, concelleira do grupo municipal do PP.

Secretaria:

Sandra María García Chenlo, adxunta a secretaría xeral do concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal e a concelleira do grupo municipal do PP, por María dolores Nariño Facal, concelleira do mesmo grupo municipal. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación”o día 16 de xaneiro de 2017, ás 10:30 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil do Contratante o día 9 de xaneiro de 2018.

 

En data 10 de novembro de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo), da obra denominada “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DE VIARIO MUNICIPAL EN CASAL E RECESENDE. CONCELLO DE TEO”, Expediente núm. O-11/17, incluída no Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos POS+2017) e de acordo co seguinte cadro de características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo

2. Obxecto do contrato: AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DE VIARIO MUNICIPAL EN CASAL E RECESENDE. CONCELLO DE TEO

3. Expediente: O-11/17

4. Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cún único criterio de valoración (factor prezo).

5. Orzamento: 36.156,03 € máis 7.592,77 € de IVE (43.748,80 €)

6. Valor estimado do contrato: 43.748,80€

7. Clasificación: non se esixe

    Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo G subgrupo 4 e 5 categoría 1

8. Garantía provisional: non se esixe

9. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

10. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00 €

11. Prazo de execución: 2 (dous) meses

12. Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

13. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no perfil do contratante.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883  Teo   Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401 e enderezo electrónico: secretaria@teo.gal

Teo, 14 de novembro de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

Publicouse no BOP nº 219 do 17 de novembro de 2017 e no Perfil do Contratante o mesmo día.

Arquivos
Adjunto Tamaño
Pregodeclausulasadministrativas.pdf 2.48 MB
Proxecto.pdf 5.19 MB