O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

TEO RECIBE A NOTIFICACIÓN DA XUNTA POLA QUE SE LLE RETEÑEN INGRESOS DO FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL POLA SUBA DE SOGAMA

| compartir:

O Concello de Teo recibía onte a notificación da Xunta de Galicia pola que se lle reteñen fondos do Fondo de Cooperación Local, en concreto 86.266 euros. Esta cantidade corresponde á subida unilateral que realizou Sogama e coa que Teo non está dacordo. De feito tense plantexado un recurso no xulgado contra esta situación “convencidos de que aquela suba ademais de inxustificada é inconstitucional” indica o rexedor, Rafael Sisto.

Sen embargo esta comunicación da Xunta de Galicia “non supón un quebrando económico para este Concello aínda que sí é unha novo abuso por parte da administración autonómica” indica o alcalde. Dende que Sogama modificou unilateralmente as condicións do seu contrato cos Concellos e subiu o canon, en Teo aprobase a factura total pero só se paga polo prezo anterior. “Pagamos a cantidade que consideramos xusta e xustificada xa que era a acordada polas dúas partes nun contrato” indica Sisto. A parte da suba ingrésase nunha conta bancaria nunha mostra de responsabilidade na xestión económica municipal. Deste xeito, cando se vaian facendo efectivas as retencións o que se fará dende o departamento económico municipal é quitar a mesma cantidade desta conta.

 

A suba do canon de Sogama plantexada a finais do 2013 xa foi cuestionada no seu momento por estar amparada en datos erróneos. A maiores de ser cuestionable porque todo indica que a adopción unilateral da medida é inconstitucional supón un engano á cidadanía e á administración local por ter falseado a previsión de perdas de Sogama, como denunciaron no seu momento os grupos da oposición no Parlamento.

teo