O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Deportes

Xestións do Servizo de Deportes do Concello de Teo:

  • Actividades deportivas para persoas adultas e para nenos/as co obxectivo de fomentar a práctica deportiva como un hábito de vida saudable en todas as franxas de idades.

Nas escolas deportivas para nenos e nenas hai unha ampla e variada oferta: baloncesto, billar, defensa persoal, hóckey, judo, karate, kickboxing, natación, pádel, patinaxe artística, rugby e fútbol americano, skate, taekwondo, tenis, tiro con arco e xadrez.

As actividades para persoas adultas son: aeróbic, ximnasia, billar, defensa persoal, kickboxing, taichi, tenis e tiro con arco.

A duración é durante todo o curso escolar (mantendo os períodos vacacionais de Educación). A inscrición en todas estas actividades deportivas lévase a cabo na primeira quincena de setembro e o custo é de 60 euros anuais (podéndose fraccionar en tres pagos).

  • Actividades de verán: calistenia, rafting, caiac, street football, natación...
  • Instalacións deportivas que hai no territorio municipal: campos de fútbol, pavillóns polideportivos, pistas polideportivas descubertas...
  • Xestión e colaboración con actividades puntuais: carreira pedestre Batalla de Cacheiras, torneo de tiro con arco, rutas de sendeirismo, campañas deportivas doutros organismos (Deputación da Coruña e Xunta de Galicia) e outros campionatos organizados polas entidades deportivas locais.
  • Censo municipal de entidades deportivas.
  • Subvencións a entidades deportivas e deportistas federados.

 

A Deputación da Coruña subvenciona a praza de técnica deportiva municipal.

logo

deportes

Contacto

deportes@teo.gal
981815700

Ubicación

Travesía da Ramallosa 38, Lucí
Lucí