O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Normalización Lingüística

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo ten como función estimular e darlle soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega desde o ámbito municipal.

Isto materialízase, entre outros, nos labores de asesoramento, corrección lingüística e formación, así como a organización e coordinación de actividades de dinamización lingüística e a creación e difusión de recursos para ampliar a súa oferta en galego.

O Concello de Teo forma parte, desde 2019, de Alingua, Asociación de Entidades pola Lingua, entidade que pretende desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma e promover a colaboración entre as distintas institucións que a forman para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos xa existentes en materia de lingua.

  • Normativa:

O Concello de Teo aprobou (BOP núm. 107, do 7 de xuño de 2016) unha Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo co fin de establecer as accións que o Concello debe emprender, así como os criterios lingüísticos para seguir nas diferentes accións, ámbitos de actuación e situacións comunicativas.

  • Principais programas de dinamización lingüística (en colaboración con outros concellos):

Apego: Apego é un programa de dinamización lingüística dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos co obxectivo de axudar á súa socialización en galego e propoñer un uso da lingua galega para crear vínculos coa familia.

Club de Debate:  Un torneo de debates entre equipos, dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, así como dos ciclos formativos equivalentes, organizado como unha competición deportiva, consonte unhas regras definidas e sobre temas previamente fixados.

Youtubeir@s: Concurso de vídeos na Rede co fin de fomentar a creación de vídeos en galego, tanto de opinión como vídeo-titoriais, para a súa difusión en Internet.

Enreguéifate: é un proxecto impulsado polos servizos de normalización de diferentes concellos que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Galegoempresas: plataforma web na que existe un directorio de firmas de Teo, Ames e Santiago de Compostela que ofrecen produtos e servizos en galego, o cal  permite  darlle  maior  visibilidade  á oferta de empresas que coidan o idioma no ámbito socioeconómico.

  • Publicacións:

Recollida das herbas de San Xoán pola ruta das Muiñeiras: a recollida das herbas de San Xoán é unha tradición ligada á chegada do solsticio de verán. Esta guía pretende dar a coñecer as especies máis comúns e como nomealas mediante unha escolma das máis usadas na zona teense.

Podes descargar a guía premendo aquí

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo ten subvencións das seguintes entidades:

 

SNL Concello de Teo
Travesía da Ramallosa 38, Lucí
15883 Teo
Tfno.: 881 956 082
politicalinguistica@teo.gal 

Servizo de Normalización Lingüística Concello de Teo

Contacto

lingua@teo.gal
881 956 082

Ubicación

Travesía da Ramallosa 38, Lucí
Lucí