O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello acolle este sábado a primeira ruta mototurística Teo On Road

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu a Santiago Cutrín, promotor da 1ª ruta mototurística Teo On Road para coñecer de primeira man as características desta actividade. Tamén estaban presentes os concelleiros de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, e de Cultura e Turismo, Margarita Rosende. 

Así, serán uns 245 quilómetros de ruta a realizar en dúas etapas, mañá e tarde. A saída está prevista na Ramallosa, concretamente na Praza dos Encontros, dirección Pontevea, pasando pola Igrexa de Luou, a Carballeira de Francos e Casalonga. Seguidamente adentraranse nos concellos veciños de Vedra e A Estrada para logo seguir pola Igrexa de Oza, a aldea de Cesar e Lampai, entre outros moitos sitios. 

Unha ruta amena para desfrutar do patrimonio e da natureza, tanto de Teo como dos concellos veciños, onde preto dunha corentena de motoristas se darán cita este sábado, 27 de abril.

 

foto