O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

En licitación o contrato para o servizo de campamentos de verán

| compartir:

O Concello licita o contrato que abarca o servizo de campamentos de verán, concretamente a xestión e o desenvolvemento do campamento de verán infantil e o campamento de verán xuvenil do Concello de Teo, para facilitar unha alternativa de ocio para nenas e nenos.

Levarase a cabo durante o verán do ano 2024, para menores de idades comprendidas entre os 7 e 11 anos para o caso do campamento infantil e entre os 12 e 17 anos para o caso do campamento xuvenil, fóra do municipio de Teo.

Este contrato limítase ao verán de 2024 e ten un orzamento base de licitación, con IVE incluído, de 88.418,89 euros.

O prazo de presentación de propostas é de 15 días naturais contados desde hoxe, día seguinte á publicación no perfil na Plataforma de Contratación do Sector Público.

foto