O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello de Teo non está afectado, a día de hoxe, por ningunha praga de moscas

| compartir:

Ante as informacións publicadas en diversos medios de comunicación, o Concello quere lanzar unha mensaxe de tranquilidade á súa veciñanza e aclarar que, a día de hoxe, non existe ningunha praga de moscas que afecte ao noso municipio.

Dende o Consistorio xa demos aviso deste erro á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), organismo que deu conta desta información aos medios.

foto