O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Medio Ambiente

Horario
Atención ao público de luns a venres de 8:00 a14:00 horas.
 

RSU
A separación en orixe é fundamental para darlle un tratamento específico aos residuos atendendo ás características fisicoquímicas de cada un deles. Así é esencial separar os residuos orgánicos (restos de comida), os residuos inorgánicos (inertes), o vidro e o papel. O resto de residuos domiciliarios -voluminosos, teléfonos móbiles, pilas, aceites usados, roupa, medicamentos, etc.- débense achegar ao Punto Limpo:

Estrada Luou - Ramallosa

  • De martes a venres: De 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
  • Sábados: De 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
  • Luns, domingos e festivos o Punto Limpo permanecerá pechado.

Contenerización
As solicitudes de contedores faranse cubrindo unha instancia que se facilitará nas oficinas xerais ou tamén poden descargala na páxina web do concello.

Limpeza de fincas
Calquera reclamación ou queixa en relación á limpeza de fincas farase por escrito, mediante instancia que se facilitará nas oficinas xerais, ou tamén poden descargala na páxina web do concello.

Comunicacións e autorizacións de queimas
Infórmase que a partir do 15 de outubro de 2007 as autorizacións e comunicacións de queima daranse no seguinte número de teléfono:
902 112 000

Recollida de aceites usados

Asociación Plataforma Polo-Emprego

Concheiros, 33, 1º
Santiago de Compostela

Tel. / Fax: 981 580 506

medio ambiente

Contacto

medioambiente@teo.gal
981 815 700

Ubicación

Concello de Teo (Centro socio-cultural) Ramallosa, s/n, Lucí - Teo
Lucí