O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Resolución da alcaldía por mor do coronavirus

Publícase a Resolución da alcaldía por mor do coronavirus, asinada o luns 16 de marzo. 

Diante da evolución do brote da enfermidade coñecida como COVID-19 (coroavirus) e as medidas de contención extraordinarias adoptadas polos gobernos estatal e autonómico reflectidas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo (BOE núm. 67 do 14 de marzo) e, en relación cos lugares de traballo do sector público, pola Resolución do 15 de marzo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. No exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta alcaldía en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, previstas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia publica a seguinte resolución

Podes consultar a resolución completa premendo aquí

Publicado en teo.gal o 16 de marzo de 2020

Arquivos
Attachment Size
CERTIF RES COVID.pdf 139.37 KB