O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Regulamento das bolsas de traballo temporal do persoal do Concello de Teo

Publícase no BOP número 232 do 7 de decembro o anuncio de aprobación definitiva do regulamento de bolsas de traballo temporal do persoal do concello de Teo

Publicado en teo.gal o 7 de decembro de 2021. 

Publícase no BOP número 202 do 22 de outubro de 2021 o anuncio da aprobación inicial do Regulamento para a xestión de bolsas de traballo temporal do persoal do Concello de Teo. 

O Pleno da Corporación, na sesión do 29 de setembro de 2021 acordou aprobar inicialmente o Regulamento para a xestión de bolsas de traballo temporal do persoal do Concello de Teo. Para dar cumprimento ao disposto no artigo 49.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, procédese á súa exposición pública no taboleiro de edictos da Corporación durante trinta días, a contar dende a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e formular as reclamacións que estimen oportunas. De non formularse reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

Publicado en teo.gal o 25 de outubro de 2021. 

Publícase o regulamento para a xestión de bolsas de traballo temporal do persoal do Concello de Teo. 

Consulta aquí o regulamento completo. 

Publicado en teo.gal o 18 de outubro de 2021.