Nomeamento persoal eventual

De conformidade co previsto no artigo 104 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL), o Pleno do Concello, na sesión extraordinaria celebrada o 8 de xullo de 2019, acordou crear un posto de persoal eventual, baixo a denominación de Xefa de gabinete, fixando as características e retribucións do mesmo. Podes consultar o nomeamento na resolución da alcaldía 2019/G003/000529.