O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Cambio de uso parcela P1 Plan parcial Parque Montouto.

Anuncio de cambio de uso da parcela P1 Plan parcial Parque Montouto. 

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2022, acordou iniciar expediente para cambiar o uso de depuradora da parcela P1 do Plan Parcial Parque Montouto, asignándolle un uso dotacional de carácter global, e someter o expediente a información pública.

En virtude do citado acordo e segundo o artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, someteuse o expediente a información pública, para que as persoas interesadas puideran formular as alegacións que tiveran por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses, durante un prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no taboleiro de edictos do Concello (01/03/2022), na web municipal (02/03/2022) e no BOP (07/03/2022), computándose o prazo a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

Transcorrido o período de información pública e non presentándose alegación ou reclamación algunha, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de abril de 2022, acordou cambiar o uso de depuradora da parcela P1 do Plan Parcial Parque Montouto, asignándolle un uso dotacional de carácter global, e dar publicidade ao citado acordo mediante inserción de anuncio no taboleiro de edictos do Concello, na web municipal, no BOP e no DOGA, para xeral coñecemento.

Consulta aquí o anuncio de cambio de uso. 

Publicado en teo.gal o 29 de abril de 2022. 

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2022, acordou iniciar expediente para cambiar o uso de depuradora da parcela P1 do Plan Parcial Parque Montouto, asignándolle un uso dotacional de carácter global, e someter o expediente a información pública.
En virtude co citado acordo e segundo o artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sométese o expediente a información pública durante un prazo de vinte días mediante a publicación deste anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no BOP e na web municipal.
Durante ese prazo, que se computara a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, as persoas interesadas poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.
O expediente completo está a disposición das persoas interesadas na Secretaría do Concello, en horario de oficina.
Publicado en teo.gal o 2 de marzo de 2022.

Arquivos