Anuncio de modificación puntual do PXOM de Teo e que afecta á regulación de usos do solo rústico

Anuncio de modificación puntual do PXOM de Teo e que afecta á regulación de usos do solo rústico. Publicado na páxina web do Concello de Teo con data 12 de abril de 2014.
O anuncio foi publicado no DOG nº 86 do 7 de maio de 2014 polo que o prazo de exposición pública remata o 7 de xullo de 2014.
"O Pleno da Corporación, na sesión de 27 de marzo de 2014, acordou aprobar inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), promovida de oficio polo concello de Teo, segundo o documento de modificación denominado "Modificación puntual do PXOM de Teo e que afecta á regulación de usos de solo rústico. Documento para aprobación inicial. Memoria xustificativa, normativa e anexos".<br />
<br />
Mantense a suspensión do outorgamento de licenzas, acordada polo Pleno na sesión de 25 de abril de 2013, circunscrita ás licenzas de edificación e demolición no solo rústico do término municipal previsto no PXOM do concello de Teo, para o uso de pirotecnia, así como as licenzas das actividades relacionadas co uso en cuestión, polo prazo máximo de dous anos de acordo co artigo 77.3 da LOUGA.
Conforme ao artigo 85 da LOUGA, sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no DOGA, na Voz de Galicia, no Correo Galego, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello. Durante ese prazo, que se computara a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOGA, os interesados poderán formular as alegacións que teñan por convenientes para a defensa dos seus dereitos e intereses.
O expediente completo está a disposición dos interesados na Secretaría do Concello, en horario de oficina.
Teo, a 10 de abril de 2014
O alcalde"