O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello

O Concello de Teo publica o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) que tivo un período de exposición pública en abril.

O PMUS de Teo pretende ser, seguindo o indicado polo IDAE, "un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles (camiñar, bicicleta e transporte público) dentro dunha cidade, é dicir, de modos de transporte que fagan compatibles crecemento económico, cohesión social e defensa do medio, garantindo, desta forma, unha mellor calidade de vida para a cidadanía."

O obxectivo último deste plan é dar continuidade a unha análise profunda da mobilidade no noso concello, dos seus problemas, das súas posibilidades de mellora, e con este documento como referencia, seguir traballando na consecución de fondos supramunicipais para estas medidas.

 

 

Arquivos
Attachment Size
PMUS Teo_galego.PDF 14.76 MB