O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aprobación definitiva de desafectación de camiño público (Lampai)

O BOP número 50 do 13 de marzo de 2020 publica un anuncio de corrección de erro material no anuncio de desafectación de camiño público

O citado anuncio di o seguinte: No Boletín Oficial da Provincia núm. 47 do 10.03.2020 publicouse o Anuncio de aprobación definitiva de desafectación de camiño público. Detectado erro material na data de celebración do Pleno de aprobación definitiva do acordo, é preciso realizar unha corrección, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Así, onde di: Sometido o expediente de desafectación a información pública e non formulándose alegacións, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de febreiro de 2020, adoptou o acordo que se reproduce a continuación, corrixido por acordo plenario do 26 de febreiro de 2020.

debe dicir: Sometido o expediente de desafectación a información pública e non formulándose alegacións, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2020, adoptou o acordo que se reproduce a continuación, corrixido por acordo plenario do 26 de febreiro de 2020.

Publicado en teo.gal o 13 de marzo de 2020. 

Publícase o anuncio de aprobación definitiva de desafectación de camiño público en Lamapai. 

Consulta aquí o anuncio de aprobación definitivo. 

Publicado en teo.gal o 4 de marzo de 2020

Publícase no BOP núm. 81, do martes 30 de abril de 2019 a aprobación inicial de desafectación de camiño público (publicado o 30 de abril de 2019 en teo.gal).

 

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria de 24 de abril de 2019, acordou aprobar
inicialmente a desafectación do camiño público proveniente da concentración parcelaria
de Lampai, que atravesa a parcela 62 da citada concentración, dividíndoa en dúas partes,
e que partindo da fonte pública no seu extremo oeste, vai a unirse con outro camiño de
titularidade municipal no regato polo que discorre pola metade da parcela 62 no seu
extremo leste, camiño que ten aproximadamente unha superficie de 71 m2, segundo o
detalle que se grafía de seguido.
A desafectación en cuestión responde á pretensión de permutar o camiño, unha vez
desafectado, por un anaco da parcela 62 propiedade de D. Julio R. B., sito ao noroeste da
mesma, e que linda coa parcela municipal existente na que se sitúan o lavadoiro
municipal e a fonte pública, cunha superficie aproximada de 71 m2.
Por medio do presente e de conformidade cos artigos 89 da LRBRL e 8 do RBEL,
sométese o expediente a información pública, mediante a inserción do anuncio no BOP,
no taboleiro de edictos, na web municipal (www.teo.gal) e na sede electrónica do concello
de Teo, para que as persoas interesadas poidan formular as reclamacións que estimen
pertinentes, no prazo dun mes, que se computará a partir do día seguinte ao da
publicación do presente no BOP.
Teo, 25 de abril de 2019
O alcalde
Rafael C. Sisto Edreira

Consulta aquí o anuncio completo

Publicado en teo.gal o 25 de abril de 2019.