O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio de modificación do Regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís municipais

O Pleno municipal, na sesión ordinaria do 26 de xullo de 2018, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento de organización e funcionamento das Escolas infantís municipais do Concello de Teo, e sometelo a información pública.
De acordo co exposto e para dar cumprimento ao previsto nos artigos 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no BOP, no taboleiro de anuncios do concello e
na web municipal, durante o prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións e suxestións que estime oportunas,
podendo ser consultado o expediente na Secretaría do concello.

Consulta aquí a modificación do regulamento

No suposto de que non se formulen reclamacións durante a exposición pública, quedará aprobada definitivamente a modificación do Regulamento citado.
Publicado en teo.gal o 27 de xullo de 2018

O anuncio no BOP publicouse o 1 de agosto. Podes consultalo premendo aquí

Publicado en teo.gal o 8 de agosto de 2018