Subvencións a entidades para o fomento da igualdade entre homes e mullers e prevención da violencia de xénero

Data presentación
Data presentación fin

O BOP número 173 do 16 de outubro publica as Bases da convocatoria de subvencións a entidades para o fomento da igualdade entre homes e mullers e a prevención da violencia de xénero. Exercicio 2020.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria.

Obxecto da convocatoria:

A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2020, con cargo á partida 230/480.00 do orzamento de 2020, por un importe total de 3.000 euros.

Beneficiarios/as:

1.–Serán beneficiarias as asociacións veciñais, de igualdade ou de benestar con ámbito de actuación no termo muni-cipal do Concello de Teo que desenvolvan actividades que para esta convocatoria entenderanse: Promoción da igualdade entre homes e mulleres:

  • Actividades de sensibilización e fomento da igualdade de oportunidades e trato entre mulleres e homes.
  • Obradoiros en materia de igualdade, coeducación e prevención da violencia de xénero.
  • Actividades que fomenten a corresponsabilidade familiar e o cambio de condutas en materia de conciliación, responsabilidade doméstica e de coidado.
  • Accións relacionadas coa saúde da mulleres e o seu benestar xeral: obradoiros, charlas, cursos ou conferen-cias sobre hábitos de vida saudables; detección precoz de enfermidades; trastornos da alimentación; relacións afectivo-sexuais; autoestima e imaxe corporal; fomento da práctica de actividades físicas...
  • Formación en linguaxe non sexista.
  • Campañas a prol do xoguete non sexista. Actividades de sensibilización sobre os efectos dos xoguetes sexistas nos nenos e nas nenas.
  • Accións de apoio ao aleitamento materno.
  • Actividades de información e sensibilización sobre roles e estereotipos de xénero, a súa repercusión na vida de mulleres e homes no espazo público e privado.
  • Accións sobre educación na igualdade, dereitos, servizos e recursos para as mulleres.
  • Actividades para visibilizar o papel das mulleres na historia, na arte, literatura, política, ciencia, deporte...
  • Actividades que promovan a participación dos homes de todas as idades na consecución da igualdade real

Prevención e loita contra a violencia de xénero:

  • Actividades de formación/información, sensibilización e prevención da violencia de xénero: obradoiros de forma-ción na violencia de xénero; actos ou campañas de sensibilización; actos conmemorativos do 22 de febreiro, Día internacional da muller e a nena na ciencia; 8 de marzo, Día Internacional da muller traballadora; 25 de novembro Día internacional para combater a violencia de xénero...
  • Calquera outra acción dirixida á erradicación da violencia de xénero.

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubitada respondan á natureza das actividades subvencionadas (campañas, cursos, talleres, xornadas, seminarios, obradoiros, charlas, publicidade) e sexan realizados durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2020.

As actividades excluídas destas subvencións e que non poderán ser obxecto da mesma son:

a) As actividades para as que se solicitara subvencións noutras áreas ou departamentos do Concello, ou aquelas outras que teñan unha vía máis específica de subvención en ditas áreas ou departamentos (actividades ocupacionais diversas).

b) Viaxes de carácter lúdico ou cultural.

c) Festas e outras actividades semellantes.

d) Alugueiro de locais e mantemento destes.

e) Compra de bens inventariables.

f) Gastos estruturais da entidade beneficiaria.

g) Pinchos, cafés ou gastos similares.

h) Adquisición de obsequios e agasallos.

En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

  • As viaxes e os gastos de comidas ou restauración.
  • Premios de concursos e sorteos.
  • Os establecidos no artigo 31.7 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

1) A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se indicada, deberán presentarse, seguindo o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medios electrónicos. A presentación de toda a documentación deberá facerse na sede electrónica do Concello de Teo (http://sede.teo.gal). De igual forma, esta obriga de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.

A documentación que acompañará á solicitude:

a) Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades desenvolvidas e as prazas ofertadas para a mesma.

b) Copia cotexada do CIF, so necesaria no caso de non estar depositada no concello.

c) Certificación bancaria que acredite a titularidade da conta onde se efectuarán os pagamentos.

d) Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

e) Os anexos coa memoria da actividade e xustificación da mesma (anexos II a IV)2)

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 5 días naturais para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo. A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello. 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 17 de outubro e remata o 26 de outubro de 2020.

Publicado en teo.gal o 17 de outubro de 2020.