Resultados do proceso de contratación para a praza de técnico/a de turismo 2021

Data presentación
Data presentación fin

Celebrados o día 30 de setembro de 2021 os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado para a provisión dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo e reunido o Tribunal os días 30 de setembro e o 1 de outubro de 2021, para cualificar ditas probas, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes son as que aparecen aquí.

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o Tribunal propón á Alcaldía a contratación de dona Liduvina Campoamor Sánchez como técnica de turismo para o Concello de Teo.

Publicado en teo.gal o 04/10/2021

 

Publícase a baremación dos méritos no proceso selectivo para a contratación de persoal técnico de turismo para o Concello de Teo que podes consultar premendo aquí.
 

Publicado en teo.gal o 29/09/2021.

Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación de persoal técnico de turismo para o Concello de Teo que podes consultar premendo aquí.

As persoas aspirantes quedan convocadas ás 11:00 horas da mañá do xoves 30 de setembro no Salón de plenos da Casa do Concello (Travesía da Ramallosa, nº 38) para realizar a fase de oposición. 

Publicado en teo.gal o 27 de setembro de 2021. 

Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación de persoal técnico de turismo para o Concello de Teo.

Ábrese un prazo para reclamacións de 3 días naturais dende o día seguinte ao da publicación da listaxe. O prazo vai do mércores 22 ao venres 24 de setembro, ambos incluídos. 

Publicado en teo.gal o 21/09/2021

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Publícanse as bases da praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo no BOP número 169 do luns 6 de setembro.

Podes consultar aquí o anuncio publicado no BOP.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de dez (10) días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP.

Deste xeito o prazo estenderase do 7 de setembro ao 16 de setembro.

Publicado en teo.gal o 6 de setembro de 2021.

Praza de técnico/a de turismo 

BASES

Publícanse as Bases que rexereán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo. 

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de turismo para o Concello de Teo.

Parte desta contratación está subvencionada, cunha contía de 19.047,62€, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2021, publicado no BOP nº 217, do 18 de decembro de 2020.

O contrato efectuarase a tempo completo, cunha duración de seis meses, e baixo a modalidade dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402). A persoa seleccionada incorporarase na área de Desenvolvemento Local e Turismo, onde desenvolverá as funcións propias do posto de traballo baixo a coordinación do AEDL e a supervisión da responsable da Área de Desenvolvemento Local, Emprego e Turismo do Concello de Teo.

Presentación de solicitudes

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina web do Concello (www.teo.gal), no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/), no seu taboleiro de anuncios e no BOP.

As persoas aspirantes interesadas nos postos de traballo a contratar terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida á Alcaldía, dentro do prazo de dez (10) días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP. 

Esta publicación no BOP está pendente, polo que ata que se realice non abre o prazo de presentación de solicitudes. (EDITADO) A publicación no BOP realízase o 6 de setembro.

Publicado en teo.gal o 3 de setembro de 2021.