Resolución pola que se declara deserta a praza de Inspector da Policía Local de Teo

Data presentación

Publícase no DOG número 25 do 8 de febreiro o ANUNCIO da Resolución da Alcaldía pola que se declara deserta a praza de inspector da Policía local de Teo, reservada á quenda de mobilidade horizontal correspondente á oferta de emprego público do ano 2019.

A Resolución da Alcaldía nº 1188/2020, do 23 de decembro de 2020, resolveu declarar deserta a praza de inspector da Policía local de Teo, reservada á quenda de mobilidade horizontal, correspondente á oferta de emprego público do ano 2019, convocada en virtude da Resolución da Alcaldía nº 1032/2019, do 16 de decembro, corrixida pola Resolución da Alcaldía nº 1037/2019, do 17 de decembro. No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 1, do 4 de xaneiro de 2021, publicouse integramente a antedita resolución.

Publicado en teo.gal o 8 de febreiro de 2021. 

Publícase no BOP número 1 do luns 4 de xaneiro o anuncio da resolución da alcaldía pola que se declara deserta a praza de inspector da Policía Local de Teo, reservada á quenda de mobilidade horizontal correspondente á OEP 2019.

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP 

Publicado en teo.gal o 4 de xaneiro de 2021. 

Publícase a resolución pola que se declara deserta a praza de Inspector da Policía Local de Teo, reservada á quenda de mobilidade horizontal correspondente á oferta de emprego público do ano 2019, convocada en virtude da Resolución da Alcaldía nº 1032/2019, de 16.12.2019,corrixida pola Resolución da Alcaldía nº 1037/2019, de 17.12.2019.

Consulta aquí a resolución completa

Publicado en teo.gal o 23 de decembro de 2020.