Publícanse os resultados do segundo exercicio (supostos prácticos) da fase de oposición para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, da praza de xefe/a de instalacións e redes, para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo e desestimación de alegación.
O Tribunal acorda non seleccionar a ningún candidato e non realiza proposta de contratación para a praza de xefe/a de instalacións e redes do servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo, debido a que ningún aspirante superou o proceso selectivo.
Publicado en teo.gal o 16 de xuño de 2016.
Publícanse os resultados do primeiro exercicio (test) da fase de oposición para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, da praza de xefe/a de instalacións e redes, para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.
O aspirante que superou a proba cun mínimo de cinco puntos queda convocado á celebración da segunda proba da fase de oposición, o exercicio escrito no que se deberán resolver e desenvolver dous supostos prácticos, o 1 de xuño de 2016, ás 11:00 horas na Casa do Concello.
Publícase a plantilla do primeiro exercicio (tipo test) da fase de oposición para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, da praza de xefe/a de instalacións e redes, para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.
Publicado en teo.gal o 26 de maio de 2016.
Publícanse os resultados da valoración de méritos definitiva realizada polo tribunal cualificador, para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun/ha xefe/a de instalacións para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.
O Tribunal acorda convocar aos/as aspirantes para a celebración doprimeiro exercicio, exame tipo test, o día 25 de maio de 2016 ás 13:00 horas. O exame celebarase no local social da Ramallosa, situado na rúa da Lagoa nº 2, de Teo. Os/as aspirantes deberán acudir provistos/as de DNI ou documento que acredite a súa identidade.
Publicado en teo.gal o 19 de maio de 2016
Publícanse os resultados da valoración de méritos realizada polo tribunal cualificador, para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, dun/ha xefe/a de instalacións para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.
Os/as aspirantes dispoñen de 5 días hábiles dende o día seguinte ao de publicación da listaxe para posibles reclamacións. O prazo remata o 12 de maio.