Publícanse as listaxes definitivas das escolas infantís municipais

Data presentación
Data presentación fin

Rematado o prazo de exposición das listaxes provisionais publícanse as listaxes defintiivas de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa para o curso 2019/2020. 

Consulta aquí as listaxes definitivas

  1.  Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula do día 3 ao 17 de xuño, ambos incluídos, de non ser así perderíase a praza.
  2. O impreso de matrícula está á súa disposición (a partir do día 31 de maio) premendo aquí, nos servizos sociais comunitarios e no rexistro xeral do concello.
  3. Todas as persoas que se matriculen deben achegar a declaración da renda do ano 2018 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.
  4. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.
  5. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos:
  • Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas).
  • Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).
  • Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: almorzo: 7:30 a 9:00 horas; xantar: 12:30 a 14:00 horas, merenda: 17:30 a 18:30 horas. O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.

Publicado en teo.gal o 21 de maio de 2019.

Reunida a Comisión de baremación para a adxudicación de prazas das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa publícanse as Listaxes provisionais de solicitudes admitidas

Consulta aquí as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais

  1. Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados co número de rexistro de entrada no concello (nº de rexistro/19).
  2. Recorde que estas listaxes son provisionais, polo que a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da listaxe definitiva.
  3. O carácter provisional destas listaxes outorga a posibilidade de que presente reclamacións cando aprecie incorreccións nalgún dos datos da súa solicitude ou se producira un erro de omisión. Estas reclamacións deberán presentarse no rexistro xeral do concello ata o día 6 de maio (este incluído) a través de instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.
  4. Esta administración tamén poderá promover de oficio a emenda de erros que se aprecien durante o período de reclamacións.
  5. Se quere consultar o seu expediente debe dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356.
  6. Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.
  7. Lembre que só unha vez que se publiquen as listaxes definitivas se procederá á apertura do prazo de matrícula para todas aquelas persoas que conseguen praza nalgunha das escolas municipais. Este prazo de matrícula desenvolverase entre o 3 e o 17 de xuño (ambos incluídos).

Publicado o 26 de abril de 2019.