Reunido o tribunal para a contratación laboral-temporal de dous oficiais de 1ª de albanelería para o Concello de Teo, dacordo coa subvención concedida ao efecto pola Deputación da Coruña, e realizadas as valoracións dos méritos presentados, publícase o resultado da baremación.
Reunido o tribunal para a contratación laboral-temporal de un peón de obra pública para o Concello de Teo, dacordo coa subvención concedida ao efecto pola Deputación da Coruña, e realizadas as valoracións dos méritos presentados, publícase o resultado da baremación.
Consulta aquí a baremación e a proposta de contratación dun peón de obra pública
No caso de renuncia á contratación pola súa parte, ou no caso de que non poida acreditar os requisitos necesarios. a proposta de contratación será a favor da seguinte aspirante con maior puntuación e así sucesivamente.
Publicado en teo.gal o 16 de xullo de 2020.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo par ocupar dous postos de oficiais de 1ª e un de peón de obra pública (PEL Concellos) para o Concello de Teo.
Revisadas as solicitudes de participación nos procesos selectivos, publícase a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as.
Consulta aquí a listaxe completa
Convócase ao tribunal para o xoves 16 de xullo ás 09:00 horas co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 13 de xullo de 2020.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous postos de oficiais de 1ª e un de peón de obra pública para o Concello de Teo (PEL Concellos).
Consulta aquí a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso.
As persoas aspirantes e excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo.
De non presentarse reclamacións ou subsanación dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.
Publicado en teo.gal o 7 de xullo de 2020.
Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, de tres persoas para ocupar os postos de oficiais de albanelería (grupo C.8) e de peón de obra pública (grupo C.9) para o Concello de Teo.
Consulta aquí as bases completas da convocatoria.
Obxecto da Convocatoria. O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso, de tres persoas para levar a cabo os traballos de albanelería contemplados no proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques e xardíns”, traballos que figuran descritos na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ó abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2020 (BOP nº 29, de 12/02/2020).
A contratación efectuarase de acordo cos seguintes postos, duración do contrato e xornada:
- 2 oficiais de primeira de albanelería.
- 1 peón de obra pública.
A contratación efectuarase a tempo completo, terá unha duración de cinco meses e está subvencionada pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo para financiar parte dos custos da contratación.
As persoas seleccionadas incorporaranse no departamento municipal de obras.
A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.
Prazo de presentación de instancias:
As e os aspirantes interesados no posto de traballo terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida ao Sr. alcalde, dentro do prazo de dez días naturais (a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria na web www.teo.gal), no Rexistro Xeral do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, os/as aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou mail (alcaldia@teo.gal), durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.
Neste proceso o prazo de presentación de instancias irá do 18 ao 29 de xuño (ambos incluídos). Os dez días rematan o sábado 27 pero ao coincidir en fin de semana amplíase ata o luns 29.
Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación:
- Documento de identidade (DNI, NIE, Pasaporte).
- Documentación esixida na base segunda.
- Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou discapacidade que impida exerce-la función propia a desenvolver (Anexo III).
- Carné de conducir tipo B.
- Méritos: En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.
Para consultar os requisitos que deben ter os/as aspirantes e o resto das bases completas preme aquí
Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo
Publicado en teo.gal o 17 de xuño de 2020