Proposta de concesión de axudas para o ensino e transporte escolar 2019/2020. Proposta final.

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a proposta de concesión de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para o curso académico 2019/20. Trátase das solicitudes que tiveron que subsanar documentación xa que inicialmente realizouse o pago das solicitudes aceptadas que non precisaron subsanación. Neste caso trátase das últimas solicitudes que tiveron o mes de xuño para subsanar e agora realízase a proposta de adxudicación das que cumpren cos requisitos da convocatoria.  

Consulta aquí a listaxe completa. 

Publicado en teo.gal o 14 de xullo de 2020. 

Visto que a partir do 1 de xuño reanúdanse os prazos administrativos que foron suspendidos durante o estado de alarma, en virtude do previsto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, e visto que con data 13/03/2020 se
modificou a base oitava da convocatoria destas axudas, mediante resolución de Alcaldía, fixando un prazo de subsanación de documentación do 1 ao 30 de abril de 2020, faise público, para maior claridade, que o prazo de subsanación
comezará a contar dende o día 01/06/2020 ata o día 30/06/2020, ambos inclusive. 

Así mesmo, advírtese de que se non presentan a documentación no prazo mencionado, considerarase que desisten da súa petición, de conformidade co que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Consulta aquí a listaxe completa que ten que subsanar documentación

Publicado en teo.gal o 29 de maio de 2020. 

Publícase o certificado de aprobación do primeiro pago das axudas de ensino. Neste listado só se inclúen aquela persoas que obtiveron bolsa e tiñan toda a documentación presentada correctamente no inicio xunto coa solicitude. Quedan pendentes os que teñen que subsanar e aqueles aos que non se lles otorgará bolsa que aparecerán no listado final.

Queda en todo caso en suspenso o procedemento respecto dos solicitantes das axudas que deberán proceder a subsanar a documentación presentada, ata que as circunstancias derivadas do estado de alarma fagan posible dar cumprimento a este trámite, momento no que se procederá a reaperturar o prazo do que dispoñen ao efecto.

Consulta aquí o certificado completo de aprobación do primeiro pago das axudas de ensino. 

Publicado en teo.gal o 20 de maio de 2020. 

SUSPENSIÓN DOS PRAZOS ADMINISTRATIVOS.

O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19 establece, na súa Disposición adicional terceira a suspensión dos prazos administrativos. Suspéndende os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

Á vista desta situación queda en suspenso o prazo de subsanación das bolsas de ensino. O novo prazo de subsanación publicarase unha vez rematado o estado de alarma e levantada a suspensión dos prazos administrativos.
 

 

Á vista das medidas preventivas adoptadas en materia de saúde pública en Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e co fin de evitar na medida do posible a afluencia de público no Rexistro Xeral do Concello e así mesmo posibilitar o cumprimento pola cidadanía que debería achegar documentación para a continuación deste procedemento, adoptouse resolución, hoxe día 13/03/2020, de modificación da base oitava da convocotaria destas axudas, quedando fixado o prazo de subsanación de documentación dende o 01/04/2020 ao 30/04/2020, ambos inclusive. 

Consulta aquí a listaxe de subsanación

Publicado en teo.gal o 13 de marzo de 2020

O BOP número 204 de 25 de outubro de 2019 publica as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte 2019/20. 

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.

Destinatarios/as e requisitos.

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda: -PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA) -ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores. -FP OU PCPI: calquera centro público -BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores. -UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega. -ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: Calquera centro galego. -O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.

c) Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2019.

d) Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2019/2020 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).

e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑABOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Venres, 25 de outubro de 2019 [Número 204] Viernes, 25 de octubre de 2019 Página 2 / 7 Número de anuncio 2019/8562

f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.

g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de transporte metropolitano de Santiago. Alumnado de: Formación Profesional; PCPI; Universitarios; Alumnado de Bacharelato e  Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O anuncio publicouse no BOP o 25 de outubro polo que o prazo de presentación de solicitudes é do 28 de outubro ao 26 de novembro (ambos inclusive). 

Consulta as bases completas premendo aquí