O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Proceso selectivo para o posto de titor de formación complementaria do Obradoiro de emprego EmprégateAPP

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

BAREMACIÓN DE MÉRITOS

Pubícase a Baremación méritos titora de formación e a proposta á alcaldía para a contratación.

Publicado en teo.gal o 02/08/2021

PUNTUACIÓN ENTREVISTAS

Publicado en teo.gal o 30 de xullo de 2021.

LISTA DEFINITIVA

Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2021.

LISTA PROVISIONAL 

Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2021

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal técnico e do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil do Concello de Teo.

Consulta aquí as bases completas.

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego “EmprégateApp” que levará a cabo o Concello de Teo en colaboración cos concellos de Boqueixón e Vedra:

  • 1 titor de formación complementaria (media xornada) (Anexo V)

Seguindo a Base novena do Convenio de colaboración entre os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra, para a solicitude conxunta dunha subvención ao abeiro dos programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución do alumnado - traballador por concellos é a seguinte:

  • Concello de Boqueixón: 4 alumnos/as
  • Concello de Teo: 8 alumnos/as
  • Concello de Vedra: 4 alumnos/as

O importe total da subvención concedida é de trescentos sesenta e nove mil catrocentos noventa e dous euros con trinta e dous céntimos (369.492,32€) e estimase un coste de catrocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con vinte céntimos (417.742,20€) para o desenvolvemento total do proxecto.

Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021.