O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Praza de arquitecta/o técnica/o. Promoción interna e funcionarización.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publicación no BOP número 228 da Resolución da Alcaldía 1191/2023, de 16 de outubro, resolveu o nomeamento como funcionario de carreira de Luis Javier Castro Martínez, con DNI núm. ***7831**, para ocupar a praza de arquitecto técnico, subgrupo A2, correspondente á OEP 2021, pola quenda de promoción interna – funcionarización.

 

Publícase a Resolución de Alcaldía pola que se acorda nomear como funcionario de carreira, pola quenda de promoción interna, a Luis Javier Castro Martínez, con DNI nº ***7831**, para prover unha (1) praza de arquitecto técnico, grupo A2, adscrito á Área de Urbanismo.

Publicado en teo.gal o 16/10/2023

 

Publícase a Resolución da Alcaldía pola que se resolve:

- Aprobar a proposta do Tribunal respecto do nomeamento de Luis Javier Castro Martínez, provisto de DNI nº ***7831**, como funcionario de carreira, para a provisión dunha praza de arquitecto técnico, grupo A2.

- Notificar a presente Resolución ao candidato proposto requiríndolle, para que no prazo de vinte (20) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, presente a declaración responsable segundo o modelo facilitado polo Concello, de que segue reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados no momento de terse presentado ao proceso selectivo, así como de non estar incursa en causa de incompatibilidade, de conformidade coas previsións normativas aplicables ao respecto, e isto sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, e por falsidade na dita declaración, puidese incorrer. Igualmente deberá presentar copia cotexada de toda a documentación que presentou xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo: titulación académica, Celga 4, DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade, así como a xustificativa dos méritos alegados para a fase de concurso.

Publicado en teo.gal o 11/10/2023.

 

PUBLÍCASE A ACTA DA 2ª SESIÓN DO TRIBUNAL PARA O PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE PROMOCIÓN INTERNA-FUNCIONARIZACIÓN, DUNHA PRAZA DE ARQUITÉCTA/O TÉCNICA/O, FUNCIONARIA/O DE CARREIRA, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2021 CONCELLO DE TEO.

Publícase a acta na que o tribunal acorda:


Primeiro.- Que no prazo de dous (2) días hábiles se publique o contido do primeiro exercicio da fase de oposición e as respostas correctas salón do pleno do concello de Teo, lugar no que se realizou o exercicio, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.
 

Segundo.- Que se publiquen as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición no Concello de Teo, lugar no que se realizou o exercicio, na páxina web municipal (www.teo.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello, concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, prazo que se contará
dende a derradeira publicación nos lugares indicados.


Terceiro.- Reunirse o día 04 de outubro de 2023 as 10:00 horas, no Concello para a configuración do segundo exercicio da fase de oposición, fixando a súa realización o día indicado 04 de outubro de 2023 as 12 horas no salón de plenos do Concello de Teo.

Publicado en teo.gal o 2 de outubro de 2023.

PUBLICACIÓN DA BAREMACION DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO E PUBLICACIÓN DE DATA DE PRIMEIRO EXAME FASE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO

Reunido o tribunal do proceso selectivo polo sistema de promoción interna-funcionarización, dunha praza de arquitecta/o técnica/o, funcionaria/o de carreira, e realizada a baremación de méritos da fase de concurso, o resultado é o que se detalla aquí.

De conformidade co previsto na base oitava das que regulan o proceso selectivo polo sistema de promoción interna-funcionarización, dunha praza de arquitecta/o técnica/o, funcionaria/o de carreira, e segundo o acordado polo tribunal o día 11 de setembro de 2023, faise público que o primeiro exercicio da fase de oposición celebrarase o vindeiro mércores 27 de setembro ás 11:30 h. no Salón de Plenos do Concello de Teo (Travesía da Ramallosa, 38 - Teo), e reunirse ás 10:30 h. do citado día 27 de setembro, para acordar o exame que se realizará ós/ás aspirantes segundo previsto nas bases que rexen a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 11/09/2023

LISTAXE DEFINITIVA. Praza de arquitecta/o técnica/o. Promoción interna e funcionarización.

Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para proveer una praza de arquitecta/o técnica/o. Promoción interna e funcionarización.

Consulta aquí a listaxe

Convócase aos membros do tribunal cualificador para o día 11 de setembro de 2023 ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 25 de agosto de 2023. 

Aprobación da lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas

Apróbase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta Resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2023.

ANUNCIO NO BOE. UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A.. Promoción interna e funcionarización.

Publícase no BOE número 128 do 30 de maio de 2023 a Resolución do Concello referente á convocatoria de varias prazas, entre elas unha de arquitecta/o técnica/o, pertencente ao cadro de persoal funcionario, escala da Administración Especial, categoría técnica, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, quenda de acceso promoción interna por funcionarización. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOE. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE. 

O prazo de presentación de instancias vai do 1 ao 27 de xuño de 2023. 

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2023. 

ANUNCIO NO DOG. UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. Promoción interna e funcionarización. 

DOG número 92 do luns 15 de maio publica o anuncio das bases xerais e específicas que regularán varios procesos selectivos de funcionarización e promoción interna do Concello de Teo, entre os que se atopa unha praza de arquitecta/o técnica/o.  

Consulta aquí o anuncio publicado no DOG. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2023. 

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS DUNHA PRAZA DE ARQUITECTA/O TÉCNICA/O. Promoción interna e funcionarización. 

O BOP número 69 do 12 de abril publica as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo dunha (1) praza de arquitecta/o técnica/o, polo sistema de promoción interna e a súa funcionarización, ao abeiro da disposición transitoria segunda do texto refundido da lei do estatuto básico do emprego público, aprobado polo real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP coas bases completas. 

Prazo para a presentación de solicitudes

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, empregando o Anexo I destas Bases, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2023.