Listaxes definitivas. Diverteo Xuño 2019

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as listaxes definitivas do Diverteo Xuño 2019.

Publicado en teo.gal o 13 de xuño de 2019.

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Xuño 2019.

pagamento farase ata o 7 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 11 de xuño.

Publicado en teo.gal o 29 de maio de 2019.

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase só cun mínimo de 15 participantes e no colexio da Ramallosa.

O horario do servizo completo é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

DIVERTEO XUÑO

Diverteo xuño realízase do 24 ao 28 de xuño.

inscrición para o Diverteo Xuño está aberta do 6 ao 24 de maio. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 29 de maio na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase ata o 7 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 11 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 13 de xuño.

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na  ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar e na modificación da Ordenanza do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Igualdade). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.809.707) e preguntar polo CIM.