Listaxes definitivas de admitidos/as nas escolas infantís municipais de Teo para o curso 20/21 e prazo de matrícula

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as listaxes definitivas de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais. 

Consulta aquí as listaxes definitivas

Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:

  • No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/20
  • No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/20

Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 2 AO 11 DE XULLO, AMBOS INCLUÍDOS, de non ser así perderíase a praza.

Descarga aquí o impreso de matrícula

O impreso de matrícula premendo aquí, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís. Todas as persoas que se matriculen deben achegar a declaración da renda do ano 2019 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.

É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.

A formalización da matrícula pode facerse:

  • Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda.
  • Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula e a declaración da renda.

Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos: Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas); non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).

Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: Almorzo: 7:30 a 9:00 horas; Xantar: 12:30 a 14:00 horas ou Merenda: 17:30 a 18:30 horas. 
O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.

Publicado en teo.gal o 1 de xullo de 2020. 

Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicacióni de prazas nas escolas infantís municipais.

Consulta aquí as listaxes provisionais de persoas admitidas nas escolas infantís municipais. 

O prazo de reclamación a estas listaxes provisionais remata o 24 de xuño (este día incluído). 

Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados co número de rexistro de entrada no concello (nº de rexistro/20). 

Recorde que estas listaxes son provisionais, polo que a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da listaxe definitiva. O carácter provisional destas listaxes outorga a posibilidade de que presente RECLAMACIÓNS cando aprecie incorreccións nalgún dos datos da súa solicitude ou se producira un erro de omisión. Estas reclamacións deberán presentarse no rexistro xeral ou ben na sede electrónica do concello, ATA O DÍA 24 DE XUÑO (ESTE INCLUÍDO) a través de instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.

Esta administración tamén poderá promover de oficio a emenda de erros que se aprecien durante o período de reclamacións. Se quere consultar o seu expediente debe dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356. Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.

Lembre que só unha vez que se publiquen as listaxes definitivas se procederá á apertura do prazo de matrícula para todas aquelas persoas que conseguen praza nalgunha das escolas municipais que nesta ocasión será de 10 días naturais dende a publicación das listaxes definitivas.

Consulta aquí a nota explicativa das abreviaturas e símbolos empregados na elaboración das listaxes

Pubicado en teo.gal o 19 de xuño de 2020. 

O Concello abre o prazo para solicitar praza de NOVO INGRESO nas EIMs (escolas infantís municipais) de Teo para o curso 2020/2021. Os centros públicos de Teo son as escolas infantís de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.

O prazo de solicitude de praza quedara suspendido polo estado de alarma. Dado que o estado de alarma se alonga e que a tramitación administrativa da solicitude e adxudicación de prazas nas EIMs é longo acordouse continuar coa tramitación. Podes consultar aquí a resolución da alcaldía na que se acorda seguir con esta tramitación.

O prazo para solicitar praza de NOVO INGRESO nas EIMs para o curso 2020/2021 abarcará dende o día 13 de maio ata o 2 de xuño de 2020.

Poderanse presentar as correspondentes solicitudes tanto no Rexistro Xeral do Concello como na sede electrónica. Como as oficinas físicas do Concello non abrirán ao público ata o luns 18, dende o 13 ata o 18 a presentación só se poderá facer  a través da sede electrónica do Concello.

Descarga aquí o impreso de solicitude.

Descarga aquí as táboas informativas con datos sobre a baremación e a taxa polo servizo.

A solicitude, debidamente cuberta, deber ir acompañada da seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia do DNI de ambos os dous membros parentais ou responsables legais
  • Declaracións da renda do exercicio anterior ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos da persoas responsables legais.

E en casos nos que se deba xustificar algunha circunstancia específiva pode ser preciso achegar:

  • Libro de familia numerosa
  • Certificado de cualificación da discapacidade e/ou informe médico de saúde
  • Informe do equipo de valoración da discapacidade, en caso de prazas de integración
  • Xustificación de familia monoparental (núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análogo á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento)
  • En caso de non empadroamento, xustificación do arraigo no municipio que avale a solicitude
  • Outros documentos nos que consten incidencias familiares económicas e sociais puntuables no baremo.

Para calquera consulta ou dúbida sobre este procedemento poden dirixirse ao correo electrónico: eimteo@teo.gal ou ao teléfono dos Servizos Sociais: 981.809.707

Máis información sobre o servizo das escolas infantís municipais de Teo premendo aquí