Listaxe solicitudes admitidas para o campamento infantil de verán

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a listaxe de solicitudes admitidas para o campamento infantil de verán. 

Consulta aquí a listaxe completa

Como as solicitudes non cubriron o número de prazas ofertadas seguiranse recollendo solicitudes ata o día 7 de xullo e adxudicaranse por orde de inscrición. 

As persoas admitidas poden formalizar o pagamento ata o venres 10 de xullo e deben entregar o xustificante de xeito presencial no Departamento de Deportes ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal. En caso de non facer o pagamento en prazo enténdese a renuncia á praza no campamento. 

Descarga aquí a folla de autoliquidación

As persoas que non entregaron a foto tamaño carné deben facelo o antes posible. Poden enviala ao correo electrónico deportes@teo.gal ou entregala nas oficinas de Deportes, na Casa do Concello. 

A reunión informativa sobre o funcionamento dos campamentos será o martes 7 de xullo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste, na Ramallosa.

Publicado en teo.gal o 29 de xuño de 2020. 

A Concellaría de Mocidade abre a inscrición dos campamentos de verán 2020. Este ano os campamentos realizaranse en Santa Cruz de Oleiros. Todas as actuacións realizadas no procedemento de adxudicación das prazas dos campamentos, quedarán en todo caso condicionadas a que a evolución da crise sanitaria e as normas que se vaian ditando ao efecto, permitan a súa celebración, sen que en ningún caso destas actuacións se derive ningún tipo de dereito adquirido para os posibles usuarios/as.

  • O campamento infantil está dirixido a persoas nadas entre o 2008 e o 2013 empadroadas no Concello de Teo.
  • Celebrarase do 14 ao 22 de agosto.
  • Reserva de praza: do 12 ao 25 de xuño entregando a ficha de inscrición e unha foto actual tamaño carné a través da Sede electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. Para entregar documentación no Rexistro non é preciso pedir cita previa.
  • Número de prazas: 76 + 5 de emerxencia social.
  • Sorteo. No caso de haber máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o martes 30 de xuño ás 19:00 horas na Casa do Concello.
  • A listaxe de persoas admitidas publicarase o 3 de xullo na web teo.gal e no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello. As persoas que queiran renunciar á súa praza deben comunicalo por Rexistro ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal.
  • O custe do campamento son 90 euros. Consulta as exencións no BOP nº 195, do 13/10/2011.
  • Data de pagamento e reunión informativa: debido ás circunstancias provocadas pola crise sanitaria a data do pagamento e da reunión queda pendente da confirmación de poder realizar o campamento. Unha vez que o Concello se asegure de que se dan as condicións óptimas fixarase a data para o pagamento e a data da reunión informativa.
  • A situación sanitaria derivada da COVID-19 require da reorganización dalgúns aspectos con respecto a convocatorias anteriores, das que xa se está a facer cargo a empresa responsable: redución da ratio (1 monitor/a por cada 9 rapaces/zas), aumento nas tarefas de limpeza e reformulación de espazos e actividades co fin de diminuír o risco de contaxio.

Descarga aquí a ficha de inscrición para o campamento infantil

Entra na Sede electrónica do Concello premendo aquí

Máis información no teléfono 881.978.433 ou escribindo a deportes@teo.gal

Consulta aquí a información sobre o campamento xuvenil.