Listaxe DEFINITIVA de admitidos/as no Campamento de verán infantil

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas no campamento infantil de verán organizado polo Concello.

Consulta aquí a listaxe completa

Todo/a aquel/a que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal. 

PAGAMENTO: do 3 ao 14 de xuño (90 euros por participante). Consultar exencións e bonificacións no BOP nº 195, do 13/10/2011. O xustificante pódese enviar por mail ou entregar no Departamento de Deportes.

REUNIÓN INFORMATIVA: luns 27 de maio ás 19.30 h na casa do Concello.

Publicado en teo.gal o 21 de maio de 2019. 

Publícase a listaxe de persoas admitidas no campamento infantil de verán organizado polo Concello.

Consulta aquí a listaxe completa

Non hai persoas en lista de agarda polo que non haberá sorteo. Todas as solicitudes están admitidas.

Toda aquela persoa que desexe renunciar á praza deberá comunicalo por rexistro ou por correo electrónico a deportes@teo.gal

A listaxe definitiva publicarase o 22 de maio.

O pagamento hai que facelo o 3 ao 14 de xuño, unha vez comprobada a listaxe definitiva. O xustificante pode entregarse no Departamento de Deportes ou envialo ao seguinte mail: deportes@teo.gal.

A reunión informativa será o luns 27 de maio ás 19:30 horas na Casa do Concello.

Publicado en teo.gal o 10 de maio de 2019.

O Concello organiza o Campamento de verán infantil na Mariña de Lugo, concretamente en Barreiros. Celebrarase do 12 ao 20 de agosto e está dirixido a rapaces e rapazas nados/as entre o 2007 e 2012 empadroados/as no Concello de Teo.

O número de prazas é de 103 e 5 para emerxencia social.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Teo chamando ao teléfono: 881.978.433 ou escribindo a deportes@teo.gal

COTA DE INSCRICIÓN: 90 euros. Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011.

DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición, unha foto actual de carné; no caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, un xustificante médico.

RESERVA DE PRAZA: no Rexistro Xeral do Concello do luns 15 de abril ao venres 3 de maio. A ficha de inscrición  pode descargarse premendo aquí. É importante que non se presente no Rexistro antes do 15 de abril xa que se entra antes ou depois do prazo non se terá en conta.

Listaxe de solicitudes: estará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello e na páxina www.teo.gal a partir do día 10 de maio.

SORTEO: xoves 16 de maio ás 19.00 h na casa do Concello, no caso de haber máis solicitudes ca prazas.

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS: estará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello e na páxina www.teo.gal a partir do día 22 de maio.
Todo/a aquel/a que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal.

PAGAMENTO: do 3 de xuño ao 14 de xuño, unha vez comprobada a admisión. Entregar o xustificante de pago no Departamento de Deportes do Concello. O xustificante pódese enviar por correo a deportes@teo.gal. Se o día 15 de xuño non está depositado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza, polo que se chamará ás solicitudes da listaxe de agarda.

REUNIÓN INFORMATIVA: O luns 27 de maio ás 19:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.