O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

LIMPEZA DE CENTROS DE SAÚDE E INSTALACIÓNS EDUCATIVAS DO CONCELLO DE TEO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

DECLARACIÓN DESERTO: Por Resolución da Alcaldía de data 11 de maio de 2017 declarouse deserta a licitación do expediente de contratación do servizo de LIMPEZA DE CENTROS DE SAÚDE E INSTALACIÓNS EDUCATIVAS DO CONCELLO DE TEO, ao non presentarse ningún licitador, procedendo ao arquivo do expediente.

Publicado no Perfil do Contratante o día 12 de maio de 2017.

 

Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións faise público que a mesa de contratación estará constituída do modo seguinte:

Presidente: O alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa

Vogais:

  • D.ª Virginia Frga Díax, secretaria xeral do Concello de Teo.
  • D.ª Mónica Lado Varela, interventora do Concello de Teo.
  • D.ª Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
  • D.ª M.ª Dolores Nariño Facal , concelleira designada polo grupo municipal do PP.

Secretaria: D.ª M.ª Pilar sueiro Castro, adxunta á secretaría do Concello de Teo.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, polo concelleiro de servizos básicos, D. Xurxo Francos Liñares; a concelleira do grupo municipal do PP por D.ª María Vázquez Rey, concelleira do mesmo grupo municipal e a secretaria da mesa, por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.

Así mesmo faise público que a mesa constituirase para a apertura dos sobres A "Documentación administrativa" o día 25 de abril ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

A Apertura dos sobres B "Proposición económica" producirase o día 28 de maio, ás 10: 00 horas en acto público na Casa do Concello.

Publicouse no Perfil do Contratante o día 10 de abril de 2017.

 

Por Resolución da Alcaldía do 17/03/17 aprobouse o expediente de contratación,  mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración, para a adxudicación do servizo de LIMPEZA DE CENTROS DE SAÚDE E INSTALACIÓNS EDUCATIVAS DO CONCELLO DE TEO,  de acordo coas seguintes características:

 

1.–Entidade adxudicadora

a) Organismo: Concello de Teo

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral

c) Número de expediente: 2017/S-5

 

2.–Obxecto do contrato

a) Tipo de contrato: Contrato de servizos

b) Descrición do obxecto: Limpeza de centros de saúde e instalacións educativas do Concello de Teo. Código CPV – 90911000-6

c) Duración do contrato: dous anos,  sen posibilidade de prórroga

 

3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto, único criterio de valoración (factor prezo)

 

4.–Tipo de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 186.000,00€

b) Prezo base de licitación: 112.530,00€ anuais, IVE engadido (93.000,00€ anuais, sen IVE, máis 19.530,00€ anuais de IVE)

 

5.– Clasificación: Non se esixe

Clasificación a efectos de acreditar a solvencia económica e   financieira e a solvencia técnica: Grupo U, subgrupo 1, categoría 2

 

6.- Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 5% do importe total de adxudicación

 

7.–Obtención de documentación. Concello de Teo-Secretaría Xeral. Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401. Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal

 

8.– Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello (Travesía da Ramallosa, 38 – Lucí-Teo), de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia

b) Documentación a presentar:

A documentación presentarase en sobres pechados e asinados polo licitador:

  • Sobre “A”, subtitulado “Documentación administrativa”: conterá a documentación esixida na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.
  • Sobre “B”, subtitulado “Proposición económica”. Este sobre conterá a proposición económica conforme ao modelo que figura na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.

 

9.- Criterios de valoración:

Para a valoración das proposicións terase en conta un único criterio de valoración, factor prezo.

 

10.–Apertura das ofertas

O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo

 

11.–Máis información:

 Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).

 

12.–Pregos

Son de aplicación os Pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 17/03/17

 

Teo, 23 de marzo de 2017

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no BOP nº 59 do 28 de marzo de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

Arquivos