Inscrición no Diverteo Nadal

Data presentación
Data presentación fin

O Concello abre o prazo para inscribirse no Diverteo Nadal. Esta actividade que busca facilitar a conciliación familiar nos períodos de vacacións escolares realizarase do 23 de decembro ata o 7 de xaneiro (concretamente os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro). 

Está dirixido a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para empadroadas/os no Concello de Teo. 

Prazo de inscrición: do 6 ata o 20 de novembro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 08:00 a 14:00 horas. 

O Diverteo Nadal realízase nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. O horario é de 07:30 a 15:30 o servizo completo e de 07:30 a 14:00 horas na modalidade sen xantar. 

O prezo diario é o seguinte: 

  • Atención educativa: 5,00 euros
  • Almorzo: 0,50 euros
  • Xantar: 3,50 euros
  • Servizo completo: 9,00 euros

Descarga aquí a ficha de inscrición

Listaxe provisional de admitidos/as: a partir do 25 de novembro na páxina web e no taboleiro do Concello. 

Unha vez comprobado que a persoa solicitante ten praza, hai que realizar o pagamento do 25 de novembro ata o 5 de decembro. O comprobante do pagamento deberá ser entregado no Concello antes do 9 de decembor. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza. 

A listaxe definitiva de admitidos/as pulibcarase o 12 de decembro e se quedan prazas farase chamamento da listaxe de agarda. 

Máis información no teléfono 981.809.707.