Escolas e actividades deportivas 2020-21. Apertura do prazo de inscrición.

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as Escolas e actividades deportivas para o curso 2020-21, as cales adaptarán os seus protocolos para axustarse á realidade sanitaria que exista en cada momento.

Inscrición actividades deportivas persoas adultas 2020-2021

Inscricións actividades deportivas xuventude 2020-2021

O prazo de inscrición comezará o 15 de setembro e estenderase ata o vindeiro 23 do mesmo mes, a inscrición pode realizarse fisicamente na Casa do Concello e a través da sede electrónica na web municipal. Así mesmo se algunha actividade excede o número da súa oferta, as prazas serán sorteadas publicamente. As listaxes provisionais publicanse o 25 de setembro e nelas aparecerán, de ser o caso, as actividades nas que sexa necesario realizar un sorteo.

A matrícula en cada escola terá un custo de 60 euros anuais que se poderá dividir en tres pagamentos durante o curso. Así, o primeiro destes pagamentos debe realizarse do 25 de setembro ao 5 de outubro.