O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Escolas deportivas 2022-23

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

LISTAXES DEFINITIVAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (cotexar co número de rexistro da inscrición).

Consulta aquí as listaxes definitivas. 

• Se non lembrades o número de rexistro da solicitude poñédevos en contacto co Departamento de Deportes. deportes@teo.gal Tlno.: 881 974 802

• As actividades de rapaces-zas de BILLAR, HOCKEY, DEFENSA PERSOAL e RUGBY E FÚTBOL AMERICANO non tiveron o número suficiente de inscricións. As persoas que fixeron a inscrición nestas actividades pódense poñer en contacto co Departamento de Deportes para mirar a posibilidade de colocarse noutras actividades.

• Comprobade as listaxes e horarios definitivos das actividades, así como se teñen que facer probas de nivel ou pospoñer o pago ata a confirmación de grupos.

• As solicitudes de non empadroados no Concello nas actividades que cubriron prazas pasan a unha listaxe de agarda xunto coas feitas fóra de prazo para, unha vez pasado o período de pago da actividade, completar os grupos.

• Os números de rexistro que aparecen en negrita deben poñerse en contacto co departamento de deportes (Tlno.: 881 974 802 ) antes do inicio da actividade.

• As actividades comenzarán a partir do día 3 de outubro e finalizaran o 2 de xuño de 2023 e durante este tempo seguirase o calendario escolar do curso 2022/2023. Durante a primeira semana informarásevos da súa dinámica.

• O tempo das sesión estarán suxeitos as indicacións dos monitores para coordinar entrada e saída entre actividades e as necesidades específicas de cada unha, sendo o tempo mínimo de cada actividade 50 minutos. Non está permitida a presencia de acompañantes nas instalacións durante as mesmas.

Publicado en teo.gal o 29 de setembro de 2022. 

RESULTADO SORTEO. 

Publícase o resultado do sorteo público de prazas realizado o 19 de setembro ás 12:00 horas no salón de plenos. 

Unha vez feito o sorteo nas actividades de Natación Luns e Pádel publicanse as listaxes de agarda co número de orde. 

Consulta o resultado premendo aquí

Publicado en teo.gal o 19 de setembro de 2022. 

LISTAXES PROVISONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

  • Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas nas escolas deportivas municipais para o curso 2022/23 (cotexar co número de rexistro da inscrición). Se non lembrades o número de rexistro da solicitude poñédevos en contacto co Departamento de Deportes: deportes@teo.gal ou no teléfono 881 974 802.
  • As actividades de rapaces-zas de BILLAR, HOCKEY, DEFENSA PERSOAL e RUGBY E FÚTBOL AMERICANO non tiveron o número suficiente de inscricións. As persoas que fixeron a inscrición nestas actividades pódense poñer en contacto co Departamento de Deportes para mirar a posibilidade de colocarse noutras actividades.
  • Comprobade as listaxes e horarios definitivos das actividades, así como se teñen que facer probas de nivel ou pospoñer o pago ata a confirmación de grupos.
  • As solicitudes de non empadroados no Concello nas actividades que cubriron prazas pasan a unha listaxe de agarda xunto coas feitas fóra de prazo para, unha vez pasado o período de pago da actividade, completar os grupos.
  • Unha vez comprobada a inscrición hai que facer o pago da taxa correspondente do 19 de setembro ao 26 de setembro de 2022 (menos os/as que teñen pendente a confirmación de grupo ou están pendentes de facer sorteo de prazas). Terase que facer o pago dos períodos do curso nos que se inscribiu.
  • Para o pagamento das taxas enviarase dende o concello un correo-e co documento de pago. Non será necesario enviar xustificante de pago ao concello.
  • De ter solicitada a bonificación e se non achegastes a documentación necesaria debedes facelo antes do día 21 de setembro de 2022.
  • As actividades comenzarán a partir do día 3 de outubro e finalizaran o 2 de xuño de 2022 e durante este tempo seguirase o calendario escolar do curso 2022/2023. Durante a primeira semana informarásevos da súa dinámica.
  • tempo das sesión estarán suxeitos as indicacións dos monitores para coordinar entrada e saída entre actividades e as necesidades específicas de cada unha, sendo o tempo mínimo de cada actividade 50 minutos. Non está permitida a presencia de acompañantes nas instalacións durante as mesmas.

Consulta aquí as listaxes provisionais

Publicado en teo.gal o 15 de setembro de 2022.

INSCRICIÓN
Para o primeiro período do curso ou os tres períodos do curso completos realizarase do 1 ao 13 de setembro no Rexistro Xeral do Concello e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello.
Para o segundo e terceiro período do curso abrirase un período de inscrición no caso de quedar vacantes na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de marzo respectivamente.


Pódense consultar as listaxes a partir do 15 de setembro en www.teo.gal ou no Departamento de Deportes e nas súas redes sociais. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 15). As listaxes definitivas publicaranse o 29 de setembro.


NÚMERO DE PRAZAS
Faranse grupos en fución dos criterios dos monitores, do número de inscritos e das condicións do espazo.


PAGAMENTO DE ACTIVIDADES E ESCOLAS CULTURAIS
A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 19 de e o 26 de setembro. O total do curso anual son 60. Tamén se poden liquidar en tres pagos de 20 cada un segundo o período de pago correspondente, pero neste caso é preciso inscribirse novamente, e iniciar un novo procedemento cada trimestre. Previamente enviarase por correo electrónico o documento de pago.

Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.


DURACIÓN
Do 3 de outubro ao 2 de xuño.


DURANTE AS VACACIÓNS ESCOLARES NON HABERÁ ACTIVIDADES.

NOTA IMPORTANTE:

> Naquelas actividades onde haxa diferentes niveis, os/as monitores/as decidirán onde vai cada alumno/a no primeiro día de clase ou mediante proba de nivel que se fixará con antelación.
> O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación do
Concello.


Máis información no Departamento de Deportes, nas súas redes sociais e na páxina web www.teo.gal