Diverteo xuño 2022

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXES DEFINITIVAS DO DIVERTEO XUÑO 

Publícanse as listaxes definitivas do Diverteo do mes de xuño: 

Publicado en teo.gal o 15 de xuño de 2022. 

LISTAXES PROVISIONAIS DO DIVERTEO XUÑO 

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo xuño. 

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O DIVERTEO DE XUÑO 2022

  1.  A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito: 1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22 1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22
  2. O período de pagamento é do 3 ata o 12 de xuño. Desde o Concello remitirase por correo postal o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello. En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
  3. A xustificación do pagamento farase mediante a entrega dunha copia no Concello ou enviándoo ao enderezo electrónico concilia@teo.gal antes do 13 de xuño. No caso de non xustificar correctamente o pagamento da matrícula ou de non estar ao día nos pagamentos dos servizos de conciliación do Concello de Teo a reserva non será efectiva.
  4. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2022. 

INSCRICIÓN NO DIVERTEO XUÑO

DIVERTEO XUÑO

  • Datas: do 23 ao 30 de xuño (5 días).
  • Inscrición: do 9 ao 27 de maio. No caso de haber máis solicitudes ca prazas o acceso será por orde de inscrición. 
  • Listaxe provisional: 31 de maio na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
  • Pagamento: do 3 ao 12 de xuño; entrega do xustificante ata o 13 de xuño.
  • Listaxe definitiva: 15 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello

Participantes:Crianzas escolarizadas nos CEIP e CRA entre 3 e 12 anos, preferencia para empadroadas en Teo.

Lugar: CEIP de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase unicamente no colexio da Ramallosa.

Horario:

  • Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas

  • Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas

Prezos diarios: Cada programa págase completo, NON por días soltos.

  • A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50diarios.

  • A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50ao día.

  • A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 por día.

  • A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.

Documentación:

  • obrigatoria:

  • Folla de inscrición.

  • Foto tamaño carné (se non se presentou no Diverteo de setembro, no Teomadruga ou no Teocoida).

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (se non se presentou no Diverteo de setembro, no Teomadruga ou no Teocoida).

  • Declaración responsable para a participación no Diverteo 2021-2022 (se non se presentou no Diverteo setembro, no Teomadruga ou no Teocoida).

  • opcional (se non se presentou no Diverteo de setembro, no Teomadruga ou no Teocoida):

  • Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada ( de ser o caso).

  • Documentación xurídica suficiente para demostrar a retirada da garda e custodia a algún dos proxenitores ( de ser o caso).

  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

  • Declaracións da renda do exercicio 2020 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).

Bonificacións:

  • Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 25%.

  • Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias monoparentais terán unha bonificación do 25%.

  • Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias numerosas terán unha bonificación do 25%.

  • Cando os usuarios ou usuarias pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM* anual terán dereito a unha bonificación do 50%.

  • Cando os usuarios ou usuarias pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM* anual terán dereito a unha bonificación do 25%.

  • Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias nas que estea acollido un/unha ou máis menores terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Xustificarase coa documentación acreditativa do acollemento.

* IPREM: Indicador público de rendas a efectos múltiples. En 2020 contía mensual igual a 537,84

Identificación dos participantes nas listaxes:

  • No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22

  • No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22

Pagamento:

Desde o Concello remitirase por correo postal o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.

En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.

Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.

IMPORTANTE: Unha vez realizado o pagamento deberá remitir ao departamento do CIM o xustificante de pago do recibo, ben de xeito presencial ou no enderezo electrónico concilia@teo.gal

Publicado en teo.gal o 6 de maio de 2022.