Diverteo Xullo 2019. Publícanse as listaxes definitivas.

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as listaxes definitivas do Diverteo Xullo:

 

O vindeiro mércores 19 de xuño ás 20:00 terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Teo unha reunión informativa sobre os Diverteos de verán 2019.

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Xullo. 

pagamento farase ata o 17 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 19 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 21 de xuño.

Publicado en teo.gal o 10 de xuño de 2019. 

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O horario do servizo completo é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

Diverteo xullo realízase en dúas quendas: 

  1. Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo.

  2. Segunga quenda: do 16 ao 31 de xullo.

inscrición para o Diverteo Xullo está aberta do 6 de maio ao 4 de xuño. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 10 de xuño na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase ata o 17 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 19 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 21 de xuño.

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na  ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar e na modificación da Ordenanza do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Igualdade). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.809.707) e preguntar polo CIM.