O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

DIVERTEO SETEMBRO

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

LISTAXES DEFINITIVAS DIVERTEO SETEMBRO

Publícanse as listaxes definitivas do Diverteo setembro. 

LISTAXES PROVISIONAIS DIVERTEO SETEMBRO

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo setembro. 

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O DIVERTEO DE SETEMBRO 2023

1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:

1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/23-1).

1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/23-1).

2. O período de pagamento é do 7 ata o 15 de agosto.

Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.

En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.

Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.

3. A listaxe definitiva será publicada o 18 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

4. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa.

Publicado en teo.gal o 4 de agosto de 2023.