Publícase a listaxe definitiva do Diverteo entroido.
Podes consultar aquí a listaxe completa
Publicado en teo.gal o 12 de febreiro de 2021.
Publícase a listaxe provisional do Diverteo entroido.
Podes consultar aquí a listaxe completa
Pagamento: hai que facelo do 26 de xaneiro ata o 3 de febreiro. O comprobante de pago pódese entregar no Concello ata o 4 de febreiro ou enviando un correo-e co xustificante a cim@teo.gal. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza.
Descarga aquí a folla de autoliquidación das taxas.
Tamén podes facer unha transferencia a unha das contas do Concello e presentar o xustificante:
SABADELL GALLEGO. Número de conta: ES03-0081-2154-71-0001001109
ABANCA. Número de conta: ES19-2080-0318-19-3110000099
Publicado en teo.gal o 25 de xaneiro de 2021.
O Diverteo entroido 2021 é o programa de conciliación que se realizará os días 15, 16 e 17 de febreiro no CEIP da Ramallosa. O Diverteo está dirixido a crianzas escolarizadas nos CEIP e CRA entre 3 e 12 anos, preferencia para empadroadas en Teo.
Prazo de inscrición: Do 12 ao 22 de xaneiro. A inscrición hai que facela entregando a ficha no Rexistro do Concello de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas ou a través da Sede electrónica.
Descarga aquí a ficha de inscrición.
Os horarios serán os seguintes:
- Servizo completo: 7:30 a 15:30 horas
- Sen xantar: 7:30 a 14:00 horas
O prezo por día é o seguinte (hai que facer o cálculo para cada programa. O prezo do programa é completo, non por días soltos):
- Atención educativa : 5,00 €
- Almorzo: 0,50 €
- Xantar: 3,50 €
- Servizo completo: 9,00 €
Consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP núm. 33, do 19/02/16, e no BOP núm. 229, do 02/12/2016) para outras opcións.
Listaxe provisional de admitidos/as: a partir do 26 de xaneiro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do Concello.
Pagamento: do 26 de xaneiro ata o 3 de febreiro. O comprobante de pago hai que entregalo no Concello ata o 4 de febreiro. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza.
Listaxe definitiva: A partir do 8 de febreiro, e chamamento ao listado de agarda.
Máis información sobre o programa no 981 815 700 ou no CIM de Teo 981 938 475.