Diverteo agosto 2022

Data presentación
Data presentación fin

INSCRICIÓN NO DIVERTEO DE AGOSTO

DIVERTEO AGOSTO. FARASE SÓ CUN MÍNIMO DE 15 PARTICIPANTES E NO COLEXIO DA RAMALLOSA

  • Datas:
  • Primeira quenda: do 1 ao 12 (10 días).

  • Segunda quenda: do 16 ao 31 (12 días).

  • Inscrición: do 9 de maio ata o 1 de xullo. No caso de haber máis solicitudes ca prazas o acceso será por orde de inscrición. 
  • Listaxe provisional: 5 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
  • Pagamento: do 7 ao 17 de xullo; entrega de xustificante ata o 18 de xullo.
  • Listaxe definitiva: 20 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

IMPORTANTE: No caso de non realizar a inscrición e o pagamento no tempo e na forma establecidos, a reserva de praza non será efectiva.

Participantes:Crianzas escolarizadas nos CEIP e CRA entre 3 e 12 anos, preferencia para empadroadas en Teo.

Lugar: O Diverteo de agosto farase unicamente no colexio da Ramallosa.

Horario:

  • Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas

  • Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas

Prezos diarios: Cada programa págase completo, NON por días soltos.

  • A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50  diarios.

  • A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50  ao día.

  • A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00  por día.

  • A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.

Documentación:

  • obrigatoria:

  • Folla de inscrición.

  • Foto tamaño carné (se non se presentou no Diverteo de setembro, no Teomadruga ou no Teocoida).

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (se non se presentou no Diverteo de setembro, no Teomadruga ou no Teocoida).

  • Declaración responsable para a participación no Diverteo 2021-2022 (se non se presentou no Diverteo setembro, no Teomadruga ou no Teocoida).

  • opcional (se non se presentou no Diverteo de setembro, no Teomadruga ou no Teocoida):

  • Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada ( de ser o caso).

  • Documentación xurídica suficiente para demostrar a retirada da garda e custodia a algún dos proxenitores ( de ser o caso).

  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

  • Declaracións da renda do exercicio 2020 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).

Bonificacións:

  • Cando asistan ao mesmo servizo varios irmáns de xeito simultáneo, o segundo irmán e sucesivos terán un desconto dun 25%.

  • Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias monoparentais terán unha bonificación do 25%.

  • Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias numerosas terán unha bonificación do 25%.

  • Cando os usuarios ou usuarias pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM* anual terán dereito a unha bonificación do 50%.

  • Cando os usuarios ou usuarias pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM* anual terán dereito a unha bonificación do 25%.

  • Os usuarios e usuarias que pertenzan a familias nas que estea acollido un/unha ou máis menores terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Xustificarase coa documentación acreditativa do acollemento.

* IPREM: Indicador público de rendas a efectos múltiples. En 2020 contía mensual igual a 537,84 

Identificación dos participantes nas listaxes:

  • No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22

  • No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22

Pagamento:

Desde o Concello remitirase por correo postal o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.

En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.

Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.

IMPORTANTE: Unha vez realizado o pagamento deberá remitir ao departamento do CIM o xustificante de pago do recibo, ben de xeito presencial ou no enderezo electrónico concilia@teo.gal

Publicado en teo.gal o 6 de maio de 2022.