Convocatoria e bases do proceso selectivo dunha praza de auxiliar de xardinería

Data presentación

Publícase no BOP número 36 do 24 febreiro o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de Auxiliar de Xardinería correspondente á oferta de emprego público 2019.

A resolución da Alcaldía nº 147/2021, de data 11.02.2021, aprobou a convocatoria e as bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á Oferta de Emprego Público 2019 do Concello de Teo.

As devanditas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 32, do 18 de febreiro de 2021. A Resolución da Alcaldía nº 184/2021, de data 18.02.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente a Base Novena, letra B punto 1 relativa a valoración dos méritos profesionais ao non incluírse a valoración dos servizos prestados na empresa privada realizando funcións/tarefas relacionadas co desempeño da praza convocada.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Podes consultar aquí as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 24 de febreiro de 2021. 

O BOP número 32 do xoves 18 de febreiro publica o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de xardinería correspondente á oferta de emprego público 2019 do Concello de Teo. 

Por resolución de alcaldía do 18 de febreiro aprobouse unha corrección de erros das citadas bases e convocatoria do proceso selectivo. A corrección de erros está pendente de publicación no BOP. 

As bases completas, coa corrección de erros, podelas consultar premendo aquí

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo I, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). 

Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2021.