Convocatoria de subvencións ás entidades de carácter educativo. Prazo de presentación de solicitudes.

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as bases reguladoras da convocatoria de subvencións ás entidades de carácter educativo sen ánimo de lucro para actividades realizadas no exercicio 2020. A convocatoria publícase no BOP número 158 do mércores 23 de setembro. 

Podes consultar aquí as bases completas da convocatoria. 

OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou
promovidas por centros educativos públicos de ensino non universitario e as súas respectivas asociacións de nais e pais,
pola realización de actividades de carácter educativo no ano 2020, con cargo á partida 320/480.00 do orzamento de 2019
prorrogado, por un importe total de 13.000 euros, dos cales corresponden 6.000 euros para os centros educativos e os
restantes 7.000 euros para as ANPAS.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da formación educativa do alumnado
dos centros educativos públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do noso concello.
BENEFICIARIOS/AS
Os centros públicos de ensino non universitario e asociacións de pais e nais, sen ánimo de lucro, con domicilio social
no Concello de Teo e inscritas no Censo de Asociacións do Concello de Teo.
Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias
enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade:
a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades por parte dos suxeitos mencionados no
artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparacións menores, que non teñan o
carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2020.
b) Gastos ocasionados pola organización de actividades durante o ano 2020 dentro do territorio municipal ou fora do
concello no caso de saídas de carácter didáctico.
c) Gastos ocasionados pola compra de material necesario para adaptarse ás medidas de seguridade e hixiene derivadas
pola situación creada pola COVID-19.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse, no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 30 días naturais, contados dende o día seguinte
da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Deste xeito e tendo en conta que a publicación no BOP se fixo o 23 de setembro o prazo para presentar as solicitudes de subvención remata o 23 de outubro de 2020. 
A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello.

Consulta o resto das bases da convocatoria premendo aquí. 

Publicado en teo.gal o 23 de setembro de 2020.